Guia docenteCurso
Facultad de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  MARCO TEÓRICO DE LA FISIOTERAPIA Y LA REHABILITACIÓN FÍSICA
   Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Aprendizaje colaborativo A2 A13 A19 C1 C5 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
A avaliación terá en conta a participación activa nas sesions docentes. A cualificación outorgarase entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
5
Prácticas de laboratorio A2 A3 A4 A13 A18 C3 C8 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
A avaliación terá en conta a participación activa na elaboración dos trabllos ademáis da súa exposición na clase. A cualificación outorgarase entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
10
Prueba mixta A2 A3 A5 A6 A7 A9 A13 A14 A15 A16 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C9 C8 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
A avaliación terá en conta responder axeitadamente as cuestións formuladas na proba. A superación da mesma conseguirase obtendo como mínimo 6 sobor de 10 puntos de media na proba. Cada cuestión valorarase de 0 a 10 puntos.
65
Sesión magistral A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C5 C8 C9 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A avaliación terá en conta a presentación dun pequeno resumo do tratado na aula o acabar a clase. A cualificación será de 0 no caso de non presentalo ou facelo mal e 1.
5
Recensión bibliográfica A2 A17 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Se avaliará a súa presentación en tempo e forma ademáis de dada un dos apartados da mesma. A cualificación se axudicará entre un mínimo de 0 e un máximo de 3.
15
 
Observaciones evaluación

A relación entre os contidos teóricos e prácticos establécese nun 75% para os teóricos e un 25% para os prácticos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes