Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
O obxectivo primordial será orientación, apoio e motivación para facilitar o proceso de aprendizaxe.
Farase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a tutorías de despacho) e/ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).
Durante as sesións maxistrais recoméndase a formulación de cuestións por parte dos alumnos/as (a "participación" é un elemento a ter en conta durante a avaliación continuada).
Nas prácticas de laboratorio onde se explorarán diferentes rexións anatómicas, é importante expor "in situ" aquelas preguntas ou dúbidas relacionadas con cada un dos apartados programados. Iso contribuirá a reforzar os aspectos técnicos e perceptivos por parte do interesado.
Na preparación do exame recoméndase expor de forma pública, as cuestións xurdidas durante dito proceso, aproveitando o final das sesións maxistrais e/ou prácticas de laboratorio. Igualmente, abriranse diversos foros en moodle para tratar estas dúbidas ou cuestións e que todos os estudantes poidan beneficiarse das achegas dos seus compañeiros.
Por tanto, a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos.
Ademais, ten o obxectivo de orientar ao estudante na procura e interpretación das fontes bibliográficas. |
|