Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  VALORACIÓN FUNCIONAL E PSICOSOCIAL
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A5 A6 A19 C1 C6 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.

En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
50
Proba práctica A5 A6 A8 C9 Proba que valora o desempeño práctico do estudante fronte a supostos plantexados polo profesor.

Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.

Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
40
Sesión maxistral A2 A3 A5 A6 A7 A8 A10 A15 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C9 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propondo cuestións, facendo aclaracións e expondo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación continuada mediante probas de comprensión que se realizarán, de forma aleatoria, en diferentes momentos do cuadrimestre, e/ou traballos tutelados.

Ademais, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas.
10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia requírese ter aprobada a proba mixta e a
proba práctica (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non
se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre
este requisito.

Se a cualificación obtida da ponderación da proba mixta e da proba
práctica resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non
alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso
(cunha puntuación de 4,9/10 puntos). 

Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba mixta ou
proba práctica) no exame de 1ª oportunidade (maio/xuño), gardarase a
cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a
convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante o valor do exame (teórico e práctico) non será infeior ó 80% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ó 20%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes