Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA XERAL
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Se requerirá a participación do alumnado polo menos en parte da clase para facilitar a aprendizaxe significativa, pudendo organizar dita participación por subgrupos.
Prácticas de laboratorio Como actividade presencial, se realizarán no laboratorio en grupos de aproximadamente 10 alumnos/as, coa demostración e explicación previa da profesora.

É moi necesaria a práctica posterior por conta do alumnado para adquirir a destreza necesaria. Por isto, se requerirá a práctica non presencial para o que se recomienda a participación no programa de alumnado colaborador e poder así abrir os laboratorios fora dos horarios da clase.
Aprendizaxe colaborativa Se realizará por grupos unha síntese de documentos suministrados ou ben a resolución de preguntas/casos plantexados.

Se controlará a súa realización ao longo do curso.

Computará un máximo do 20% da nota, pero siempre que se tema alcanzado polo menos un 5 sobre 10 no exame práctico e no teórico en cada módulo.
Proba práctica Computará o 30% da nota final.

Platexarase un ou máis casos e o/a alumno/a que se examina deberá realizar unha aplicación fundamentando a súa elección e explicando cada parámetro. Dispoñerá dun tempo máximo de 10-15 minutos por caso. segundo asúa complexidade. Valoraranse os seguintes parámetros: validez do argumento para a selección da técnica;adecuación do mobiliario e da posición correcta do paciente; aplicación correcta e parámetros pertinentes (tempo, amplitude...); rapidez na execución e ausencia de efectos negativos (pellizco, caída dun utensilio ao chan, risco de quemadura...). O mal uso dun material baixará a nota e poderá quedar automáticamente suspenso.
Poderase realizar exame parcial si a dinámica da clase o posibilita.

Só se sumará a nota da aprendizaxe colaborativa si se sacase polo menos un 5/10 no exame teórico e práctico en cada módulo.
Proba mixta Computará o 50% da nota final.

Podera-se compoñer dunha ou varias preguntas de resposta aberta enfocadas ao razoamento, preguntas de resposta curta ou test. Poderase facer un exame parcial se a dinámica da clase o posibilita.

Só se sumará a nota da aprendizaxe colaboradora se se saca polo menos un 5/10 no exame práctico e polo menos un 5/10 no teórico.

A nota final da materia será a media entre os dous módulos, sempre e cando se superen ambos os dous (condición indispensable ter aprobados ambos os dous módulos para facer media) tendo en conta o aspecto anterior de que só se suma a avaliación continuada se se sacou polo menos un 5 (sobre 10) tanto no exame práctico como no teórico, en cada un dos módulos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes