Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA XERAL
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A7 B2 B3 B5 C1 C6 C9 Realizarase en grupos. O profesorado exporá as preguntas/temas/casos que han de ir resolvendo/preparando o alumnado.

Irase controlando a súa realización secuencialmente e contabilizará ata un 20 % da nota final, que só se sumará en caso de ter aprobado o exames teórico e práctico de cada módulo.

20
Proba mixta A3 A7 B1 B3 B4 C1 C6 O exame teórico contará o 50% da nota final. Poderá constar de preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, preguntas curtas que aborden a capacidade de síntese e/ou tipo test.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada unha das probas (teórica e práctica).

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.

Se poderá facer un examen parcial, liberatorio dos contidos do primeiro módulo, se a dinámica da clase e o traballo do alumnado o permiten.

Adicionalmente, segundo flúa a dinámica da clase, poderán desenvolverse no segundo cuatrimestre actividades de avaliación continua que poderán supor puntuación adicional para este segundo módulo.


50
Proba práctica A3 A7 B2 B4 C1 C6 C9 O exame práctico contará o 30% da nota final. Constará de 1 o máis casos que se plantexarán ao alumnado para a súa resolución teórico-práctica.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada unha das probas (teórica e práctica).

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.

Poderá facerse un exame parcial, liberatorio dos contidos do primeiro módulo, se a dinámica da clase e o traballo do alumnado o permiten.
30
 
Observacións avaliación

A asistencia á clase práctica é moi recomendable e a asistencia menor do 80% debe estar ben xustificada e  impediría a valoración da aprendizaxe colaborativa ou o uso de metodoloxías de traballo en equipoA asistencia ás clases teóricas non é obligatoria pero a non asistencia  impediría a  realización de actividades adicionais de avaliación continuada que se poidan desenvolver ao longo do curso e que contarían na nota final. O alumnado a tempo parcial se someterá ás mesmas probas de avaliación que o alumnado de matrícula ordinaria, so que aquelas estipuladas de forma grupal, serán realizadas de forma individual se non ten asistido a clases habitualmente (80% ou máis) e non terá dereito ás actividades adicionais de avaliación continuada se non acude a esas clases.

A nota final da materia será a MEDIA entre os dous módulossempre e cando se superen ambos os dous (condición indispensable ter aprobados ambos os dous módulos para facer media) tendo en conta que só se suma a nota da aprendizaxe colaborativa se se sacou polo menos un 5 (sobre 10) tanto nas proba prácticas como no teóricas

A xuicio do profesorado, e segundo transcurra a dinámica da clase e do traballo do alumnado, poderá realizarse un parcial liberatorio da materia do primeiro módulo. 

 O alumnado que se presente ás probas dun dos dous módulos e non ao outro, constaralle como non presentado na nota final, sendo necesaria a aprobación dos dous módulos para poder constar como aprobado na nota final.

A porcentaxe asignada a cada proba pode sofrir pequenas modificacións en función das variaciones externas que incidan sobre a materia, non obstante nunca será inferior ao 50% no caso do exame teórico e o 30% no caso do práctico.

A comisión dunha falta grave suporá que o/a estudante sexa cualificado/a  con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes