Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  BIOMECÁNICA
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Proba práctica
Descrición
Actividade académica desenvolvida polo/a profesor/a, individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumno/a relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade farase preferentemente de forma non presencial (a través do correo electrónico, Microsoft Teams e/ou do campus virtual Moodle) e/ou, excepcionalmente, de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o/a profesor/a ten asignados a tutorías de despacho).

Enténdese por atención personalizada o tempo que cada profesor/a reserva para atender e resolver dúbidas ao/á alumno/a en relación a unha materia concreta.

Non se debe confundir atención personalizada con titoría académica, xa que esta fai referencia á necesidade de asignar a cada alumno/a un/unha titor/a desde primeiro curso da carreira ata que finaliza os estudos universitarios, co obxectivo de ofrecer un soporte permanente e formal en aqueles momentos nos que debe tomar decisións.

Para a súa realización é importante consultar co/coa profesor/a os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso para asegurar a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indicarán. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través dos espazos de comunicación da ferramenta Moodle.
O/a alumno/a con dedicación parcial disporá do mesmo tempo e procedemento que os restantes estudantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes