Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  BIOMECÁNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 C1 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.

En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
Sesión maxistral A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 Tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación continuada mediante probas de comprensión que se realizarán, de forma aleatoria, en diferentes momentos do cuadrimestre, e/ou traballos tutelados.

Ademais, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas.
10
Proba práctica A2 C1 C9 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia a NOTA obtida deberá ser igual ou superior
ao 50% da puntuación posible, sendo imprescindible alcanzar unha puntuación
mínima de 5/10  puntos na proba mixta, e
de 4/10 puntos na proba práctica.

Se a cualificación obtida da ponderación da proba mixta e da proba
práctica resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non
alcanza o mínimo esixido, a cualificación final será de suspenso (cunha
puntuación de 4,9/10 puntos).

Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba mixta ou
proba práctica) no exame de 1ª oportunidade (maio/xuño), gardarase a
cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a
convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo).

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no
entanto, o valor do exame (proba obxectiva e proba práctica) nunca será
inferior ao 70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (traballos
tutelados e lecturas) nunca será superior ao 30%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes