Teaching GuideTerm
University College of Physiotherapy
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Subjects
  PSYCHOLOGY
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) PSYCHOLOGY Code 651G01012
Study programme
Grao en Fisioterapia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate Yearly
Second Basic training 9
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Psicoloxía
Coordinador
Gonzalez Cabanach, Ramon
E-mail
r.cabanach@udc.es
Lecturers
Franco Taboada, Victoria
Gonzalez Cabanach, Ramon
E-mail
v.franco@udc.es
r.cabanach@udc.es
Web
General description Os contidos da materia contemplan entre as súas actividades formativas o coñecemento psicosocial do paciente e da actividade profesional, así como o coñecemento e manexo da relación profesional da saúde-paciente. Entre os obxectivos fundamentais desta materia atópanse que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas, familias e comunidade; que comprendan os aspectos psicolóxicos na relación fisioterapeuta-paciente; que interioricen conceptos como saúde, calidade de vida e benestar e interrelaciónelas entre os mesmos; que coñezan e desenvolvan as bases da comunicación humana como base das relacións interpersoais; que adquiran coñecementos sobre as interaccións entre as emocións, a saúde e a tensión, desenvolvendo estratexias de traballo e afrontamiento adecuadas para mellorar as súas habilidades como futuros profesionais do campo da saúde; que adquiran coñecementos sobre os problemas de deterioración cognitiva, de procesos dexenerativos asociados ás demencias e os problemas derivados da diversidade funcional mental psíquica e física, desenvolvendo recursos e tecnicas de estimulación cognitiva e fisioterapéutica para unha intervención adaptada ás características particulares do paciente; que comprendan a importancia do propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida e que desenvolvan a capacidade de identificar os factores que interveñen no traballo en equipos multidisciplinares no ámbito da saúde. Desde unha perspectiva psicopedagóxica, a docencia dunha materia destas características para futuros fisioterapeutas debe fornecerlles non só os coñecementos e a metodoloxía necesaria para facer fronte ás situacións particulares coas que se poden atopar na súa vida profesional, senón tamén axudarlles a desenvolver unhas actitudes de reflexión, de crítica e de compromiso para facer fronte ás mesmas.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes