Teaching GuideTerm
University College of Physiotherapy
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Subjects
  PSYCHOLOGY
   Methodologies
Methodologies Description
Case study O alumno enfróntase á resolución dun caso, real ou suposto, ante o que ten que realizar unha avaliación, elaborar unhas conclusións e expor un proceso de intervención
Guest lecture / keynote speech Exposición por parte do profesor dos contidos máis relevantes dunha determinada temática de especial interese e incidencia formativa. Vai acompañada de orientacións sobre a maneira máis adecuada de aprender os devanditos contidos
Directed discussion Discusión en grupo sobre algúns dos contidos do programa. Esta discusión ha de ir apoiada en coñecementos sobre o tema e argumentos. Moderada polo profesor da materia
Workbook O alumno deberá realizar a lectura de textos, capítulos de libros ou artigos de relevancia científica, seleccionados polo profesor. Recibirá unha atención personalizada nesta tarefa
Supervised projects Ao comezo do curso fixaranse unha serie de actividades, individuais e colectivas, sobre os contidos máis relevantes do programa. O alumno deberá elaboralas e entregalas para a súa avaliación
Laboratory practice Nas sesións prácticas da materia exporanse unha serie de casos, supostos, situacións reais, instrumentos de avaliación ou programas de intervención. O alumno ha de analizar, avaliar e expor unha solución razoada e válida terapéuticamente.
Objective test As probas obxectivas da materia (2 probas coincidindo co final de cada cuadrimestre) consistirán nunha serie de actividades, de carácter fundamentalmente aplicado, nas que o alumno deberá utlizar os coñecementos adquiridos na materia ao longo do curso
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes