Teaching GuideTerm University College of Physiotherapy |
Grao en Fisioterapia |
Subjects |
MANUAL AND OSTHEOPATHIC PHYSIOTHERAPY I |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | MANUAL AND OSTHEOPATHIC PHYSIOTHERAPY I | Code | 651G01014 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Guest lecture / keynote speech | A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C8 C9 | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. A asistencia regular as clases asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura. |
5 |
Laboratory practice | A1 A3 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A16 C6 | Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. A asistencia regular as prácticas de laboratorio asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura. |
5 |
Collaborative learning | A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. A realización dos traballos propostos polo profesor a súa calidade e as actitudes e aptitudes amosadas polos alumnos nesta tarefa, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura. |
5 |
Critical bibliographical | A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 | A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. A presentación en tempo e forma das recensions así como a súa calidade, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura. |
5 |
Mixed objective/subjective test | A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C9 | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Para computar na nota final da evaluación da asignatura, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo un 4 puntos sobre 10 na proba mixta. A cualificación desta proba supón o 50% da nota media final da asignatura. |
50 |
Practical test: | A1 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 B2 B3 | Proba na que se busca que o alumno desenvolver total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. Para computar na nota final da avaliación da materia, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo uns 4 puntos sobre 10 na proba práctica. A cualificación desta proba supón o 30% da nota media final da materia. |
30 |
Assessment comments | |||
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (asistencia, traballos tutelados, recensións, etc.) nunca será superior ao 30%. A nota final establecerase nun rango de "0" a "10". Esta nota estará formada pola suma das notas parciais, obtidas en cada un dos apartados da avaliación, na porcentaxe que lle corresponda, e que esta indicada no esquema exposto arriba. A cualificación de aprobado obterase cando a nota media final sexa de "5". Para poder calcular a media exposta anteriormente, o/a estudante deberá obter tanto na proba mixta como na proba práctica, unha puntuación mínima de 4 sobre 10 puntos . De ser inferior a 4 sobre 10 puntos, a cualificación resultante será automaticamente de suspenso/a. Debido ao carácter e perfil competencial da materia, non se contempla a posibilidade de a dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia as clases prácticas. Os/as estudantes que teñan opción a Matrícula de Honra, para optar a ela deberán presentar a memoria dos contidos do curso (tanto teóricos como prácticos), elaborados por eles mesmos, no prazo que se estableza. Si a avaliación dos mesmos resulta positiva alcanzarán a cualificación ante dita. No caso de que houbese máis candidatos que Matrículas de Honra dispoñibles, establecerase unha orde de prelación. |
|