Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C8 C9 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A asistencia regular as clases asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura.
5
Prácticas de laboratorio A1 A3 A5 A6 A8 A9 A11 A12 A16 C6 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
A asistencia regular as prácticas de laboratorio asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura.
5
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
A realización dos traballos propostos polo profesor a súa calidade e as actitudes e aptitudes amosadas polos alumnos nesta tarefa, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura.
5
Recensión bilbiográfica A1 A2 A3 A10 A19 C1 C4 C6 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
A presentación en tempo e forma das recensions así como a súa calidade, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura.
5
Proba mixta A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para computar na nota final da evaluación da asignatura, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo un 4 puntos sobre 10 na proba mixta. A cualificación desta proba supón o 50% da nota media final da asignatura.
50
Proba práctica A1 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 B2 B3 Proba na que se busca que o alumno desenvolver total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Para computar na nota final da avaliación da materia, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo uns 4 puntos sobre 10 na proba práctica. A cualificación desta proba supón o 30% da nota media final da materia.
30
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final, e o valor da avaliación continuada (asistencia, traballos tutelados, recensións, etc.) nunca será superior ao 30%.

A nota final establecerase nun rango de "0" a "10". Esta nota estará formada pola suma das notas parciais, obtidas en cada un dos apartados da avaliación, na porcentaxe que lle corresponda, e que esta indicada no esquema exposto arriba. A cualificación de aprobado obterase cando a nota media final sexa de "5". 

Para poder calcular a media exposta anteriormente, o/a estudante deberá obter tanto na proba mixta como na proba práctica, unha puntuación mínima de 4 sobre 10 puntos . De ser inferior a 4 sobre 10 puntos, a cualificación resultante será automaticamente de suspenso/a.

Debido ao carácter e perfil competencial da materia, non se contempla a posibilidade de a dispensa académica que exima aos estudantes a tempo parcial da asistencia as clases prácticas.

Os/as estudantes que teñan opción a Matrícula de Honra, para optar a ela deberán presentar a memoria dos contidos do curso (tanto teóricos como prácticos), elaborados por eles mesmos, no prazo que se estableza. Si a avaliación dos mesmos resulta positiva alcanzarán a cualificación ante dita. No caso de que houbese máis candidatos que Matrículas de Honra dispoñibles, establecerase unha orde de prelación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes