Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer os elementos que interveñen no control postural e motor relacionado coa columna vertebral, así como o papel de cada un deles e as súas disfuncións. Explicar como se resolven tales disfuncións a través do exercicio terapéutico. A3
A4
A17
C6
Aplicar as distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral sobre un/a compañeiro/a. Interpretar o significado dos resultados obtidos nas devanditas probas. Formular unha conclusión xeral a partir de tales resultados. A3
A4
A5
A17
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C6
C9
Diferenciar as características clínicas máis relevantes dos síndromes neuro-músculo-esqueléticos relacionados coa columna vertebral. A4
A5
A17
B3
C3
C6
Identificar as características xerais, as características anatomo-patolóxicas e as manifestacións clínicas das desviacións da columna vertebral no plano saxital e frontal. A4
A17
B3
C3
C6
Establecer a relación entre os obxectivos xerais e a metodoloxía de aplicación das diferentes modalidades de exercicio terapéutico aplicado ás desviacións e síndromes neuro-músculo-esqueléticos relacionados coa columna vertebral. A3
A4
A7
A17
B3
B5
C1
C3
C6
Aplicar diferentes exercicios terapéuticos relacionándoos cos seus obxectivos e a súa metodoloxía de aplicación. Seleccionar un número limitado de exercicios para casos clínicos concretos con desviacións ou síndromes neuro-músculo-esqueléticos relacionados coa columna vertebral. A3
A4
A7
A12
A17
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C6
Identificar as fontes bibliográficas máis relevantes sobre a evidencia científica do exercicio terapeútico aplicado ás desviacións ou síndromes da columna vertebral. A17
B5
C3
C6
Resultados relacionados co plano subxectivo: - Actuar mantendo un comportamento responsable (cos/as compañeiros/as, co grupo, coa profesora). - Defender a confidencialidade da posible información clínica obtida de outros/as compañeiros/as. - Usar unha linguaxe clara e relacionada coa práctica profesional. - Actuar con responsabilidade. A17
C1
C6
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes