Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais A través desta actividade inicial exporanse os/as alumnos/as os diferentes apartados da guía académica de forma detallada, e resolveranse as dúbidas relativas a calquera dos aspectos de programación da materia.
Tratarase ademais de identificar os intereses e motivacións do/a alumno/a co obxectivo de facilitar o proceso de aprendizaxe.
Sesión maxistral As sesións maxistrais correspóndense ás clases programadas no calendario académico como docencia teórica. Estas clases serán impartidas na aula nº2 (planta soto). Presentaranse os aspectos crave da materia de maneira sintética e secuencial, co obxectivo de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe do alumno/a. Estas sesións reforzarán o material elaborado e colgado en Moodle pola profesora. Realizaranse mediante exposición oral, con ou sen apoio audiovisual. Estará destinada fundamentalmente á obtención de resultados da aprendizaxe do plano cognitivo.

I) Dentro do horario asignado a estas sesións contémplase á súa vez a realización de Talleres. Os talleres estarán orientados fundamentalmente á obtención de resultados da aprendizaxe relacionados co saber facer. Durante a realización dos talleres o profesor guiará ao alumno/a na adquisición de habilidades psicomotoras relacionadas coa valoración e coa aplicación do exercicio terapéutico. A vantaxe desta metodoloxía radica en que é o propio alumno/a o que vivencia a experiencia de ser avaliado/a e/ou guiado/a na execución dunha serie de exercicios terapéuticos, facilitando así a identificación dos obxectivos e da metodoloxía de aplicación das diferentes modalidades de exercicio terapéutico. A asistencia aos talleres é obrigatoria.

II) Estas sesións reforzaranse á súa vez coa realización simultánea doutras actividades tales como a análise de fontes documentais (bibliográficos e/ou audiovisuais) relevantes para a materia; a aprendizaxe cooperativa ou prácticas a través de Tics, que contribuirán a identificar a práctica baseada na evidencia e reforzarán a adquisición dos resultados da aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Esta metodoloxía permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, realización de probas de valoración clínica, exploracións ou exercicios.
O laboratorio ofrece unha excelente oportunidade para adquirir competencias técnicas, metodolóxicas, sociais e participativas. Estas prácticas irán dirixidas especialmente á adquisición de resultados da aprendizaxe no plano psicomotor ou do saber facer; e no plano subxectivo ou do saber ser.
Están relacionadas co tema 1 e tema 4 sobre a aplicación das distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral, así como das diferentes modalidades de exercicio terapéutico.

As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Fisioterapia Especial (2ª planta). O grupo de alumnos matriculados na materia distribúese en 6 grupos, cada un dos cales recibirá 2 horas de prácticas de laboratorio semanalmente (respectarase a distribución oficial dos grupos).
O alumno/a debe asistir ás mesmas con pixama clínico, bañador ou roupa deportiva similar, e sabanilla ou toalla.

I) Estas prácticas complementaranse coa elaboración dun portafolio individual sobre tales prácticas. Cada alumno/a deberá entregar o seu portafolio, en formato dixital, ao final do curso. Este debe incluír:
- os resultados de todas as probas de valoración realizadas (resultados de sí mesmos)
- unha conclusión sobre tales resultados
- unha proposta de, polo menos, 4 exercicios que estarían indicados para a prevención ou tratamento das posibles desviacións ou síndromes detectadas na columna vertebral
- unha reflexión sobre a aprendizaxe adquirida

II) Estas prácticas se complementarán a su vez con un estudio de casos.
Búscase a través desta actividade promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes.
O/a alumno/a deberá realizar un estudo sobre un caso clínico.
Esta actividade levarase a cabo en colaboración con outros 2 compañeiros/as (grupos de 3-4 alumnos/as) a partir da composición dos grupos das clases prácticas, onde un dos/as alumnos/as asumirá o rol de caso clínico.
Deberase entregar a composición dos grupos o primeiro día de prácticas de laboratorio á profesora, nunha folla coa firma dos 3-4 integrantes.

Está actividade está relacionada fundamentalmente co tema 1 e tema 4 sobre a aplicación das distintas probas de valoración da postura e do movemento da columna vertebral, e a capacidade para seleccionar diferentes modalidades de exercicio terapéutico para o devandito caso clínico.

Requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega:

1. Debe incluír os resultados da exploración subxectiva, da exploración estática e dinámica da columna vertebral.
- Para a exploración subxectiva incluirase unha descrición da anamnesis do/a alumno/a explorado segundo guión dado en clase.
- Para a exploración estática incluirase un mapa corporal coa representación da liña da plomada, e símbolos das principais alteracións estáticas do plano frontal e saxital. Deberase incluír os resultados da proba da plomada e da inspección en ambos os planos, así como de todas aquelas probas complementarias da estática. Para evidenciar os resultados presentaranse fotos de tales probas.
- Para a exploración dinámica presentaranse vídeos con cada unha das probas.
- Incluirase ademas a interpretación dos resultados obtidos cando éstes non se correspondan á normalidade; e unha conclusión xeral a partir de tales resultados.

2. Ao final do traballo farase unha proposta de, polo menos, dous exercicios indicados para a prevención ou tratamento das posibles desviacións ou síndromes relacionadas coa columna vertebral detectados no caso clínico.

3. Integrarase no devandito traballo os resultados obtidos sobre a valoración da composición corporal impartidos na materia de Cinesiterapia: bases do exercicio terapéutico.

4. Presentarase oralmente en clase, en formato power-point preferiblemente. Esta presentación será a que se entregue á profesora. Poderase utilizar o apartado de notas do power-point para calquera información complementaria.

5. Entregarase nun pen-drive, identificando o traballo co nome dos/as 3-4 alumnos/as: primeiro apelido e nome (de cada un dos compoñentes).

6. Data de presentación e entrega: a semana anterior a Semana Santa.

7. É obrigatorio a súa presentación para asistir ao exame.
Proba mixta Véxase apartado de Avaliación
Proba práctica Véxase apartado de Avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes