Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada poderá aplicarse a través de diferentes modalidades e contextos:

- Durante a realización das prácticas de laboratorio -e tras a demostración previa da profesora de diferentes probas de valoración clínica, exploracións ou exercicios-, o/a alumno/a recibirá un feedback da execución de tales prácticas. A profesora estará presente en todo momento no laboratorio e resolverá aquelas dúbidas e dificultades que lle surxan ao alumno/a. Durante a realización do estudo de casos, o/a alumno/a conta co seguimento por parte da profesora a través de tutorías previamente solicitadas por aquel.

- Durante a realización dos talleres a profesora estará presente na aula e guiará ao alumno/a na adquisición, especialmente, de habilidades psicomotoras relacionadas coa valoración da columna vertebral e coa aplicación de diferentes modalidades de exercicio terapéutico.

- A través de tutorías, especificamente solicitadas polo/a alumno/a, para resolver calquera cuestión relativa a calquera dos aspectos incluídos nesta guía docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes