Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada realizarase preferentemente a través da plataforma Microsoft Teams. Campus Virtual e do correo electrónico; e poderá aplicarse a través de diferentes modalidades e contextos:

- A través de tutorías, especificamente solicitadas polo/o alumno/a ou subgrupo de alumnos/as, para resolver cuestións relativas a calquera dos aspectos incluídos na guía docente ou sobre os contidos da materia. Farase preferiblemente a través da ferramenta Teams.

- Durante a realización das prácticas de laboratorio, o/a alumno/a recibirá un feedback da execución de tales prácticas, e poderá resolver todas as dúbidas relativas ás mesmas.

- Durante a realización dos talleres a profesora guiará ao alumno/a no proceso de razoamento clínico para levar a cabo a exploración subxectiva dun caso.

- Durante a realización do estudo de casos, os subgrupos contan co seguimento por parte da profesora a través da revisión continuada da progresión da tarefa.

- A través do Campus Virtual, crearase un foro de dúbidas para cada tema onde o alumnado pode lanzar as súas preguntas e/ou establecer debate entre profesora/alumnado ou entre o alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes