Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A4 A5 A7 A12 A17 B2 C1 C3 C6 C9 I) A asistencia a todas as prácticas de laboratorio, terá o valor correspondente ao 10% da nota. Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias.
Criterios de avaliación:
- asistencia a todas as prácticas
- participación activa en clase
- evidencias achegadas no portafolio
- demostración da adquisición progresiva de habilidades psicomotoras relacionadas cos contidos da materia
- aspectos relacionados co saber ser: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade.

II) A presentación e defensa pública do traballo relativo ao estudo de casos terá unha puntuación máxima do 10% da nota.
Criterios de avaliación:
- cumprimento de todos os requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega
- veracidade dos datos
- calidade do material fotográfico e audiovisual
- presentación xeral do traballo e defensa oral do mesmo
- capacidade de traballo en grupo
- puntuación dada polo resto de compañeiros/as
20
Sesión maxistral A3 A4 A5 A7 A12 A17 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C6 As diferentes actividades que se realicen durante as sesións maxistrais formarán parte da avaliación continuada, especialmente, os talleres.
A asistencia a todos os talleres terá o valor correspondente ao 10% da nota (como máximo). Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias.

Criterios de avaliación:
- asistencia a todos os talleres
- participación activa en clase
- demostración da adquisición progresiva de habilidade psicomotoras relacionadas cos contidos da materia
- aspectos relacionados co saber ser: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade
- achega de evidencias se estas son requiridas
10
Proba mixta A3 A7 C1 A proba mixta correspóndese ao exame teórico da materia.

Esta proba constará de dous partes:
- preguntas tipo test de resposta simple
- e un suposto clínico sobre o que se exporán 10 preguntas curtas.

Criterios de avaliación:
- no test, por cada 2 respostas mal restarase unha ben (ou por cada resposta incorrecta restarase 0,5 ben)
- para avaliar o suposto clínico será imprescindible alcanzar unha nota igual a 5,5 sobre 10 nas preguntas tipo test
- cada parte da proba mixta (test / suposto clínico) representa o 50% da nota total da devandita proba
- vinculación coa PROBA PRACTICA: considerarase liberada a materia, única e exclusivamente, se se alcanza unha nota de 5/10 en cada proba (tanto no exame teórico como no exame práctico). E, será indispensable presentarse a ambas as probas para que poida avaliarse a suma de todas as metodoloxías. Cada unha das probas terá á súa vez un peso na avaliación do mesmo valor (50/50). A proba mixta e a proba práctica terán un valor do 70% (como mínimo) da nota total da materia; isto é, 35% / 35%. Só se reservará o aprobado nunha parte da materia (teórica ou práctica) para a convocatoria inmediatamente seguinte á que se aprobou dita parte, para o curso académico no que se atopa matriculado o/a alumno/a. Exemplo: de xuño para xullo.
35
Proba práctica A3 A4 A5 C1 A proba práctica correspóndese co exame práctico da materia.
É unha proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas de laboratorio e/ou durante os talleres.

Esta proba constará de 3 preguntas.
Pedirase ao alumno que elixa ao azar 3 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas.

Criterios de avaliación:
- integración de coñecementos teórico-prácticos
- adquisición da aprendizaxe psicomotor:postura do/a alumno/a; posicionamento do/a alumno/a que fai o rol de paciente; abordaxe (tomas / contratomas); execución da técnica; destreza e control da actividade
- adquisición da aprendizaxe subxectiva: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade
- tempo de resposta.

Puntuación: véxase proba mixta
35
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia. No entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada (estudo de casos, talleres, etc) nunca será superior ao 30%. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes