Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A4 A5 A17 C1 C3 C9 Criterios de avaliación:
- cumprimento de todos os requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega
- veracidade dos datos
- calidade do material fotográfico e audiovisual
- presentación xeral do traballo e defensa do mesmo
- capacidade de traballo en grupo
- puntuación dada polo resto de compañeiros/as
25
Prácticas de laboratorio A3 A4 A5 A7 A12 A17 B2 C1 C3 C6 C9 As prácticas de laboratorio, terán un valor correspondente ao 5% da nota. Só se aceptarán faltas que estean xustificadas con evidencias.
Criterios de avaliación:
- asistencia a todas a prácticas
- participación activa en clase
5
Sesión maxistral A3 A4 A5 A7 A12 A17 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C6 Aplicarase a media dos cuestionarios de seguimento que se entreguen para a avaliación continuada dos temas, e que se irán presentando a medida que se imparten estes (contidos teóricos e prácticos). Realizaranse a través da ferramenta Forms. 5
Proba mixta A3 A7 C1 A proba mixta correspóndese ao exame teórico da materia.

Esta proba constará de dous partes:
- preguntas tipo test de resposta simple
- e un suposto clínico sobre o que se exporán 10 preguntas curtas.

Criterios de avaliación:
- no test, por cada 2 respostas mal restarase unha ben (ou por cada resposta incorrecta restarase 0,5)
- para avaliar o suposto clínico será imprescindible alcanzar unha nota igual a 5,5 sobre 10 nas pregúntas tipo test
- cada parte da proba mixta (test / suposto clínico) representa o 50% da nota total da devandita proba.

*Vinculación coa PROBA PRACTICA: considerarase liberada a materia, única e exclusivamente, se se alcanza unha nota de 5/10 en cada proba (tanto no exame teórico como no exame práctico). E, será indispensable presentarse a ambas as probas para que poida avaliarse a suma de todas as metodoloxías.

A proba mixta e a proba práctica terán un valor do 60% da nota total da materia (30% cada proba). Só se reservará o aprobado nunha parte da materia (teórica ou práctica) para a convocatoria inmediatamente seguinte á que se aprobou dita parte, para o curso académico no que se atopa matriculado o/o alumno/a. Exemplo: de xuño para xullo.
30
Proba práctica A3 A4 A5 C1 A proba práctica correspóndese co exame práctico da materia.
O alumnado deberá desenvolver total ou parcialmente algunha práctica das estudadas durante as clases prácticas de laboratorio e/ou durante os talleres.

Esta proba constará de 3 preguntas.
Pedirase ao alumno/a que elixa o azar 3 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas.

Criterios de avaliación:
- integración de coñecementos teórico-prácticos
- adquisición da aprendizaxe psicomotor: postura do alumno/a; posicionamento do alumno/a que fai o rol de paciente; abordaxe (tomas / contratomas); execución da técnica; destreza e control da actividade
- adquisición da aprendizaxe subxectiva: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade
- tempo de resposta.

Puntuación: véxase proba mixta
30
Obradoiro A5 A17 C1 C9 Criterios de avaliación:
- asistencia a todos os obradoiros
- participación activa
- media do cuestionario Forms sobre os contidos dos Obradoiros
5
 
Observacións avaliación

Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico.

Estes criterios de avaliación manteranse tanto para o alumnado matriculado a tempo completo como a tempo parcial.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face a convocatoria extraordinaria".

No relativo o plaxio, procederáse do seguinte xeito: "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes