Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA RESPIRATORIA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A5 A6 A7 C1 Exame teórico con preguntas de ensaio desenrolo e tipo test. 35
Sesión maxistral A3 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B5 Calificación da asistencia a clase do estudante, que será recollida de xeito aleatorio ao longo do desenvolvemento das clases teóricas, con particular atención a aquelas nas que se introduza a aprendizaxe colaborativa ou sesións de discusión. 10
Traballos tutelados A3 A19 B3 B4 C1 C6 C9 Calificación do traballo en grupo, e retroalimentación por parte do profesor 15
Proba práctica A5 A6 A7 O estudante demostrará que ten a suficiente competencia motriz para o desempeños dos diferentes procedementos e técnicas de evaluación e tratamento en Fisioterapia Respiratoria, ademáis de ser capaz de relacionar adecuadamente os contidos prácticos cos teóricos 35
Lecturas C1 C6 C9 Calificación dos cuestionarios realizados polo alumno ao longo do curso. 5
 
Observacións avaliación

A calificación final será fruto da suma de todas as partes avaliadas coa sua correspondente ponderación (proba práctica 35%, proba mixta 35%, traballos tutelados 15%, lecturas 5% e sesión maxistral 10%).

A proba mixta será evaluada otorgando un valor do 50% a proba tipo test e do 50% as preguntas de ensaio ou desenrolo.

Con carácter xeral, para aprobar a materia (facendo media coas outras partes da avaliación continuada) o/a estudante deberá superar a proba mixta e a proba práctica (acadando unha calificación igual ou superior a 5). Aqueles/as estudantes que sumando a nota obtida no exame teórico coa alcanzada nas sesión maxistráis obteñan unha calificación igual ou superior a cinco poderán aprobar a materia, sempre e cando no conxunto da avaliación acaden unha calificación igual ou superior a cinco.

Os/as estudantes que na primeira
oportunidade obtiverán unha cualificación global de suspenso, pero con alguna 
parte superada (na proba mixta ou na proba práctica), conserváraselle a
cualificación alcanzada ata a segunda oportunidade.

O estudantado a tempo parcial está suxeito aos mesmos requerimentos de avaliación que o alumnado a tempo completo.

"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
" (regulamento disciplinar do estudantado da UDC).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes