Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  PATOLOXÍA MÉDICO-CIRÚRXICA II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A19 A14 A13 A12 A9 A5 A4 A1 B3 B4 B5 C1 C4 C8 Os contidos abordados nas prácticas serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión e resolución de casos clínicos.

No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas.
20
Proba obxectiva A1 A4 A5 A9 A19 B1 B2 C1 C9 Tamén chamada EXAME, consistirá nunha soa proba formada polos seus partes, por convocatoria.
Poderá constar de preguntas de tipo múltiple elección, preguntas con resposta curta e/ou desenvolvemento breve dun tema.
80
 
Observacións avaliación

CUALIFICACIÓN DA MATERIA: 

EXAME (80%) - Consistirá nunha PROBA OBXECTIVA proposta por cada profesor. Cualificarase sobre un máximo de 8 puntos. A cualificación do EXAME obterase da media resultante da suma da PROBA OBXECTIVA proposta por cada profesor. Se no EXAME obtense unha cualificación menor ao 50% da puntuación posible nalgunha das PROBAS OBXECTIVAS propostas por cada profesor, non se computará a media coa outra parte, nin se engadirá a AVALIACIÓN CONTINUA, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso. 

Se un estudante non se presenta a algunha parte do EXAME, a CUALIFICACIÓN FINAL da materia será de Non presentado (NP). É opcional de cada profesor conservar ou non a cualificación do seu parte de EXAME, unicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade), sempre que a cualificación deste, sexa igual ou superior ao 50% da puntuación posible.

AVALIACIÓN CONTINUADA (20%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase unicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade).

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante o valor do exame nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes