Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  REHABILITACIÓN CARDIO-RESPIRATORIA E VASCULAR
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A3 A5 A6 A7 B2 C1 C6 Avaliarase a actitude, interese e participación nas prácticas de laboratorio e no desenvolvemento de actividades na sesión maxistral. 5
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A7 B1 B3 C1 Exame teórico que constará de preguntas tipo test e desenvolvemento. O 50% da nota lle corrrespondería ao test e o outro 50% ás preguntas de desenvolvemento 50
Traballos tutelados A3 A6 A7 B3 B5 C1 C3 C9 Valórase a presentación, a produción propia, a coherencia do contido con respecto ás preguntas expostas e adecuadamente contextualizado. Terase en conta as referencias bibliográficas de caracter científico e utlizando sempre as normas de presentación habitualmente empregadas na literatura bio-médica (normas de Vancouver). 10
Actividades iniciais A1 A3 B1 Solicitarase aos alumnos que realicen unha revisión previa de conceptos que serán importantes para o desenvolvemento dos temarios ao longo da materia. Dita actividade será avaliada a través dun exame tipo test na clase teórica seguinte. 5
Proba práctica A1 A5 A6 A7 B2 B3 B4 C1 A avaliación consistirá en preguntas curtas ou de certa amplitude valorando a capacidade de razoamento clínico (argumentar, relacionar, etc.), ademais das habilidades na abordaxe do paciente. Implica que o estudante realice un estudo amplo e profundo dos contidos sen perder o conxunto das ideas e as súas relacións. 30
 
Observacións avaliación

-    Exame teórico: será a suma da proba mixta final (50%) e a nota do exame de coñecementos previos (5%) realizado ao comezo da materia.(actividades iniciais) (A nota de coñecementos previos sumará só si a nota obtida na proba mixta final sexa maior a 4,8)

-      A/O estudante debe obter unha nota mínimo de 5.0 en cada unha das probas de valoración (exame teórico e exame práctico) para superar a materia

-      Só gardarase a nota aprobada de cada unha das partes da valoración á seguinte oportunidade da convocatoria correspondente, se a/o estudante preséntase ás dúas partes do exame final.

- Na avaliación continuada terase en conta a participación, iniciativa, interese e presentación de traballos/actividades solicitadas durante toda a materia

-      As notas dos traballos tutelados e a avaliación continuada só sumarán cando superasen o exame teórico-práctico

-      As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro con respecto á memoria verificada, en función das necesidades da materia; con todo o exame teórico-práctico non terá un valor menor ao 80% e a avaliación continuada e traballos tutelados non superará o 20%.

- o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, serán avaliados coa mesma metodoloxia e cualificación acordada na materia.

-En caso de plaxio, aplicarase o seguinte:

  • Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes