Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Método expositivo impartido polo profesor, onde se desenvolve un tema do programa utilizando soporte técnico. Os contidos abordados nas sesions maxistrales, poderanse complementar/reforzar con algunha lectura recomendada, ou ben mediante a posta en práctica de actividades de resolución de problemas, e/ou estudo de casos
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba mixta Durante o desenvolvemento desta proba poderanse expor preguntas abertas de desenvolvemento con enfoque clínico, preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Traballos tutelados Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. levará a cabo un traballo de estudo e revisión sobre os principais tipos de próteses e vías de abordaxe para a súa colocación a nivel de raquis e extremidades, desenvolvendo o proceso de atención fisioterápica tanto en fase hospitalaria como ambulatoria.
Proba práctica Sobre unha situación clínica plantexada a un grupo de estudiantes (2-4 alumnos/as), executarán nun tempo determinado (5 minutos por cada pregunta) unha parte do proceso de atención en fisioterapia adaptado ó caso clínico plantexado, xustificando de forma razoada o desarrollo da actuación atendendo a criterios de evidencia científico-clínica.
Análise de fontes documentais Levarase a cabo, individual ou grupalmente, un proceso de procura, selección e análise de artigos científicos que recollan procedementos de avaliación e/ou intervención relacionados co proceso de intevención fisioterápica nas unidades temáticas abordadas ao longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes