Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 Os contidos abordados nas sesions maxistrais avaliaranse mediante probas de comprensión, traballos tutelados, etc, así como na proba obxetiva e práctica.
Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada neste tipo de sesions, así como nas prácticas de laboratorio.

0.5
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B2 B3 C6 C9 Dentro da avaliación continuada da materia, valorarase, entre outros aspectos, a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada neste tipo de sesions. 0.5
Traballos tutelados A6 A7 B4 B5 C1 C9 O traballo levará a cabo de forma grupal, traballando cos coñecementos adquiridos ata ese momento por parte do alumno/a, e ademais levará a cabo unha revisión bibliográfica, posterior selección e análise de cada un dos artigos extraídos, en relación á temática (abordaxe fisioterápico tras intervencións protésicas) e rexión que lle fora asignada ao grupo.
A entrega realizarase a través de moodle e/ou correo electrónico
15
Análise de fontes documentais A7 A8 B3 B4 C1 A tarefa levará a cabo de forma individual e/ou grupal, ben realizando a procura e/ou análise dun artigo cientifico relacionado con algún dos bloques temáticos abordados, ou en relación con métodos de valoración e/ou intervención a partir dun suposto clínico exposto polo equipo docente.
A entrega realizarase a través de moodle e/ou correo electrónico
4
Proba mixta B1 B2 B3 B5 C1 A proba realizarase de forma escrita, e constará dunha parte de exame test de resposta múltiple, que poderá completarse cun apartado de preguntas/respostas curtas e/ou de desenvolvemento, onde se aborden temas relacionados co procedemento de intervención en fisioterapia, desde un enfoque clínico.
Será necesario ter unha nota mínima dun 5 para superar esta parte, para poder facer media coas outras notas da avaliación
50
Proba práctica A6 A7 A8 B2 B3 C1 C9 Cada alumno/a responderá un total de 2/3 preguntas, cun tempo máximo de resposta de 5 minutos por pregunta. O aspecto nuclear nesta proba é a capacidade de execución e razonamento ("saber facer"). As técnicas ou procedementos executaranse sobre outro/a alumno/a que actuará como doente de forma simulada 30
 
Observacións avaliación

Para superar a matería é imprescindible conseguir un 5 tanto na proba mixta como na pobra práctica para proceder a calcular a
media ponderada, tras a suma da avaliación continuada.

Os contenidos abordados tanto nas prácticas
como nas sesions maxistrais, reforzaranse mediante probas de
comprensión, traballos tutelados, resolución de casos, etc. A execución e
resultados alcanzados nestas actividades teranse en conta dentro
da avaliación continuada, así como aspectos relacionados coa asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada.

Nos casos onde se detecte plaxio nalguna das tarefas plantexadas polo profesorado para a avaliación da asignatura,
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes