O contido e a planificación da asignatura, está estreitamente relacionada con outras, non só co obxeto de evitar solapar contidos, sinon para que as diferentes unidades didácticas, se relacionen e se desenvolvan coordinadamente. Deste modo lograrase unha ensinanza integrada de cara a facilitar ó alumn@ a comprensión, e o aprendizaxe dos contidos de Fisioterapia nas disfuncions do aparello locomotor. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos
obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os
traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto
en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel,
seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. |