Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 A7 A8 C1 Exame práctico de todos os contidos da materia. Os alumnos terán dúas opcións realizar a proba práctica:

1. Ao longo do curso, xa que se realizará unha ou varias probas de avaliación durante as prácticas.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá a nota anterior.
30
Sesión maxistral A1 A3 A7 A17 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 Os contidos tratados nestas clases serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta. Valorarase tamén a asistencia e puntualidade de forma continuada durante todo o curso e a participación no proceso de revisión crítica da literatura científica Esta avaliación suporá un 10% da nota final. 10
Proba mixta A1 A3 A7 C1 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais e prácticas. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia. Os alumnos terán dúas opcións para superala:

1. Ao longo do curso, xa que se realizarán distintas probas de avaliación dos contidos. Para superar esta opción, os alumnos deberán sacar polo menos un 5 sobre 10 en cada unha das probas propostas polo profesorado.

2. Nas oportunidades oficiais de xaneiro e xullo.

Os alumnos que superasen a opción 1 pero queiran subir a nota mediante a opción 2, poderán presentarse a este última pero non se lles manterá as nota anterior.
60
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante a suma dos valores de proba práctica e mixta non será inferior ao 80% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 20%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes