Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) FISIOTERAPIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA Código 651G01025
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Ramos Gómez, Fernando
Correo electrónico
fernando.ramos@udc.es
Profesorado
Ramos Gómez, Fernando
Correo electrónico
fernando.ramos@udc.es
Web
Descrición xeral En liñas xerais, a materia pretende formar ao alumno no campo da prevención de lesións provocadas pola práctica deportiva ou exercicio, no tratamento de atletas/practicantes de actividade física que sofren unha lesión aguda ou enfermidade no adestramento ou na competición, e na asistencia na recuperación do óptimo funcionamento e mellora do rendemento do atleta/practicante de actividade física.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Mantéñense os contidos tanto en docencia expositiva como práctica 2. Metodoloxías Os contidos estarán en formato dixital accesible para ser impartidos telemáticamente ante unha potencial suspensión da actividade presencial con motivo da aparición de novos brotes da enfermidade, posibles situacións de confinamento individual ou colectivo ou a pertenza a grupos de risco debidamente xustificados. 3. Atención personalizada En todas e cada unha das metodoloxías, o alumno terá acceso a unha atención personalizada a través das tutorías preferentemente virtuais, empregando as plataformas institucionais e ferramentas informáticas dispoñibles, respectando sempre a planificación horaria coñecida polo estudantado. 4. Modificacións na avaliación Axustarase a ponderación da avaliación continuada e a proba final de forma que a avaliación mediante proba mixta terá un valor do 60% e a avaliación continuada do 40%, eliminándose a proba práctica *Observacións de avaliación: A avaliación da proba mixta realizarase a través de cuestionario secuencial en moodle e preguntas de resposta breve na mesma plataforma institucional 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes