Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
O alumnado será titorizado durante o proceso de aprendizaxe e resolveranse as dúbidas que xurdan durante o mesmo.
A titorización será grupal durante as sesións maxistrais e a aprendizaxe colaborativa. Esta atención grupal estará complementada coa atención individual durante as titorías, xa sexan estas presenciais ou virtuais.

O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con dispensa académica debe contactar coa responsable da materia ao inicio de curso para acordar as datas da titoría inicial e 2 titorías mínimas posteriores obrigatorias para poder optar a puntuación da valoración continuada.

Calquera persoa con algún tipo de problema de saúde física ou mental xustificado terá que contactar coa responsable da materia ao inicio do curso para poder valorar as adaptacións necesarias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes