Teaching GuideTerm
University College of Physiotherapy
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Subjects
  NUTRITION AND PHYSIOTHERAPY
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A1 A3 A5 A7 A9 A11 A12 A16 C1 C4 C8 Valoraráse a asistencia, a puntualidade, a actitude e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima axeitado durante a aula.
Os coñecementos que se adquiran nas prácticas de laboratorio avaliaránse mediante preguntas na proba escrita no caso do alumnado que se avalíe deste xeito, e a través do estudo de casos no caso do alumnado que se avalíe de xeito continuado.

O estudo de casos consistirá na resolución dun caso proposto pola profesora, que poderá ser real no caso da metodoloxía de aprendizaxe e servizo.
10
Guest lecture / keynote speech A1 A3 A7 A9 A16 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 C9 Valoraráse a asistencia activa, a puntualidade, a actitude proactiva e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima axeitado de aprendizaxe durante a aula. Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral avaliaránse mediante a avaliación dos estudos de casos, os traballos tutelados, a análise de fontes documentais e a presentación oral. Aleatoriamente, solicitaráse do alumnado que asista unha pequena síntese dunhas liñas sobre os puntos máis importantes expostos en clase.

Para a avaliación contínua, o alumnado deberá realizar as seguintes actividades:

1. Elaboraráse un pequeno comentario crítico que conteña os elementos máis relevantes que o alumno extraia da análise de documentos audiovisuais (documentais) ou textuais seleccionados no curso para tal fin.
2. O estudantado deberá ser capaz de pór en práctica a teoría explicada a través da resolución dos casos clínicos propostos.
3. O alumnado realizará un ou varios traballos de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, e destinaráse tempo presencial das horas de docencia para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. O traballo comporáse como mínimo dunha introdución, un apartado de material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía.
4. O alumnado terá que realizar como mínimo unha presentación oral na aula, para expoñer os resultados quer do traballo tutelado quer dos casos clínicos.

A avaliación de cada unha das actividades realizadas deberá ser superior ao 6,5 para seguir optando á avaliación contínua.

No caso de non superalo, realizaráse unha proba escrita para examinar os coñecementos do estudantado. Esta proba soamente se aplicará naqueles casos nos que as notas de cada unha das actividades que se lle irán requerindo ao longo do curso non supere a nota mínima dun 6,5 (6.5).

Neste caso, a proba obxectiva constituirá o 80%, á que haberá que sumar un 20% do traballo tutelado, que é obrigatorio.
10
Objective test A1 A3 A5 A7 A9 B1 B2 B3 B4 B5 C1 No caso de realizarse a avaliación mediante proba obxectiva, esta avaliará os aspectos contemplados no apartado de sesión maxistral e no de prácticas de laboratorio. 80
 
Assessment comments
  1. Esíxese un mínimo do 80% de asistencia activa e participativa a aula para poder optar á avaliación continuada. De non cumprirse, a proba obxectiva escrita contará o 80% da nota final, xunto co 20% da nota do traballo tutelado de revisión bibliográfica.
  2. A avaliación será de tipo continuado e a través de traballos feitos na aula, sempre que estes superen os mínimos requerimentos (superen un 6,5 na avaliación de cada un). De non cumprir este requerimento, comunicaráselle ao alumnado afectado este incumprimento a mediados de decembro e a necesidade de ser avaliado mediante proba obxectiva.
    1. A avaliación da sesión maxistral é o 55% da nota final.
    2. A avaliación das prácticas de laboratorio é o 45% da nota final.
    3. A planificación das entregas do/s traballo/s escrito/s será comunicada ao longo das 4 primeiras semanas de aulas.
  3. As porcentaxes poderán variar en diferentes cursos en función das necesidades da materia. Porén, no caso de realizarse, o valor da proba obxectiva non poderá ser inferior nunca ao 80%, nin a avaliación continuada superior ao 20%.

Para axudar a acadar unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do PlanGreen Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes