Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  INGLÉS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A19 A13 B3 C8 Traballo escrito de unhas 6 páxinas acerca dun tema de Fisioterapia, en inglés. Os detalles atópanse na sección de "Metodoloxías" e na páxina correspondente da plataforma Moodle.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:
- Non se utilizarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.
40
Presentación oral B4 B5 C5 Presentacións en inglés resumindo o traballo tutelado, dun máximo de 5 minutos. Detalles na plataforma Moodle 30
Portafolios do alumno A17 C2 C3 C4 Asistencia, participación e traballos escritos durante o curso para ambos os profesores. 30
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas variacións dun curso a outro con respecto á memoria verificada, en función das necesidades da materia. Con todo, o valor da parte teórica (proba mixta máis traballos tutelados) terá un valor aproximado (de entre 40% e 60%) e a avaliación da parte práctica (presentación oral máis portafolios do alumno) terá un valor de aproximadamente 50% (de entre 40% e 60%).

Na oportunidade de xullo os estudantes realizarán un traballo sobre os textos técnicos (50% da nota) e o exame (50%). Aqueles estudantes que ao longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente, non presentarán ningún traballo adicional.

Os estudantes que non se presenten ás probas obxectivas da primeira o segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non presentado se non entregan o 50% das actividades availables durante o curso.

Segundo as directrices do VOAT, os estudantes que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda de xullo, figurarán coa nota Sspenso na primeira oportunidade.

Os estudantes a tempo parcial ou con licenza presentarán un traballo máis extenso e realizarán o exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes