Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A14 A18 B1 B5 A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Avaliarase o coñecemento acadado polo estudiantes ao finalizar as actividades formativas propostas. A puntuación será proporcional ao número de respostas correctas e ao número de erros cometidos.
30
Traballos tutelados A13 A14 A17 A19 B1 B2 B4 C5 C9 Valoraránse os contidos dos traballos tutelados realizados polos estudantes. 40
Prácticas de laboratorio A10 A13 A17 A18 A19 B1 B3 B5 C4 Valorarase cun 10% a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada e axuda e colaboración cos compañeiros durante estas sesións. O 20% restante mediante a entrega de tarefas en cada práctica 30
 
Observacións avaliación

Será preciso para poder superar a materia, que o estudante faga entrega dos traballos tutelados programados polo profesor. Para superar a materia e promediar a puntuación obtida na avaliación continuada, será necesario acadar polo menos unha puntuación de 4 sobre 10 puntos na proba obxectiva.

As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante o valor das probas nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%.

Non existen
diferenzas na avaliación da primeira e segunda oportunidade, nin entre
alumnos a tempo parcial ou tempo completo, máis alo do recollido nas
normativas superiores.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación,
implicará directamente a cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes