Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA COMUNITARIA E SAÚDE PÚBLICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A12 A13 A14 A18 A19 C1 C6 Módulo de fisioterapia comunitaria

Exame que poderá constar de preguntas tipo test, preguntas abertas e análise dun texto, co fin de avaliar as competencias deste módulo. Deberá sacarse como mínimo un 50% e contabilizará ata o 30 % da nota final, sempre e cando se teña superado o módulo de saúde pública.

Módulo de saúde pública

Para avaliar os coñecementos adquiridos na parte da asignatura impartida polo profesor Saleta, os alumnos deberán superar un exame escrito que constará de preguntas tipo test, preguntas cortas e resolución de exercicios que precisarán cálculo. Esta proba equivalerá ata o 40% da nota final, sempre e cando se teña superado o módulo de fisioterapia comunitaria.

Será imprescindible superar cada un dos módulos da asignatura para poder aprobar facendo media co outro módulo.
70
Aprendizaxe colaborativa A12 A13 A14 A17 A18 A19 B2 B5 C1 C4 C6 C9 Módulo de fisioterapia comunitaria

Diseño ou realización dun programa de fisioterapia comunitaria, promoción da saúde ou prevención (ou actividade relacionada como no proyecto Rompendo Regras), en equipos dunhas 6 persoas. Contabilizará ata un 20% da nota final.

Módulo de saúde pública

Evaluación dun traballo de investigación que será realizado en grupos de aproximadamente 10 alumnos. Contabilizará ata un 10 % de la nota final.
30
 
Observacións avaliación

O estudantado a tempo completo e a tempo parcial, será avaliado do mesmo modo tanto na 1ª como na 2ª oportunidade. So se fará media con ambos módulos superados e acadando na proba mixta o 50% da máxima nota en cada módulo. Poderá haber unha proba de avaliación continuada con unha asignación da ata o 50% da nota da materia. Para a avaliación da materia, se terá en conta que a proba mixta non terá unha porcentaxe inferior ao 70% e a avaliación da aprendizaxe colaborativa non superará o 30% aínda que por circunstancias concretas externas, poderán haber pequenas modificacións dentro destes límites que constan na memoria do título.  

Para aprobar o módulo impartido polo profesor Saleta é imprescindible acudir ás clases prácticas e participar co  resto de compañeiros/as do grupo na realización dun traballo de investigación. Se poderá faltar como máximo unha vez ás clases prácticas. NON CUMPLIR ESTES REQUISITOS (participar no traballo de investigación ou faltar máis dunhna vez ás clases prácticas)  SUPORÁ NON PODER SUPERAR A PARTE  DA ASIGNATURA IMPARTIDA POR ESTE PROFESOR. Para as seguintes convocatorias será requisito indispensable presentar un traballo de investigación, realizado de manera individual, se non tivo participado no traballo de grupo durante o curso. Non cumplir este requisito tamén suporá non poder superar este módulo.  Isto é aplicable ao alumnado con recoñecemnto de adicación parcial. 

Neste senso, o alumnado con recoñecimento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia, realizará as mesmas actividades formativas que o resto, só que, de non participar activamente co grupo, será de forma individual e autónoma no estudo dos contidos curriculares, realización de traballos asignados e seguimento das actividades desenvolvidas nas prácticas. Preferentemente, a forma de atención personalizada ao alumnado será non presencial, a demanda, en formato escrito vía correo electrónico ou vía campus virtual a través dos foros ou de consulta directa, fundamentalmente para aclaración de dúbidas ou resolución de tarefas escritas. Para reunións virtuais, se usará TEAMS previa solicitude.

A comisión dunha falta grave suporá que o/a estudante sexa cualificado/a  con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes