Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA COMUNITARIA E SAÚDE PÚBLICA
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
MARCO TEÓRICO DA FISIOTERAPIA E A REHABILITACIÓN FÍSICA/651G01006
PSICOLOXÍA/651G01012
ESTANCIAS CLÍNICAS I/651G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
DOCUMENTACIÓN E ESTADÍSTICA SANITARIA/651G01028
LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA/651G01029

Materias que continúan o temario
TRABALLO FIN DE GRAO/651G01034

Observacións

Organizar o traballo para ir xestionando o estudo e posta en marcha das actividades non presenciais ao longo de todo o  cuatrimestre, a fin de facilitar a aprendizaxe e o éxito na avaliación.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.