Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA Código 651G01031
Titulación
Grao en Fisioterapia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Senin Camargo, Francisco José
Correo electrónico
francisco.senin@udc.es
Profesorado
Seijo Ares, Andrea
Senin Camargo, Francisco José
Correo electrónico
a.sares@udc.es
francisco.senin@udc.es
Web http://www.ffisacademica.udc.gal
Descrición xeral A Ecografía como técnica diagnóstica ocupa un amplo terreo en especialidades médicas como a traumatoloxía, medicina do deporte, medicina laboral ou anestesioloxía. Coa implantación dos avanzados equipos de ultrasonografía, estase a configurar unha nova rama da anatomía músculo-esquelética que é a anatomía ecográfica. Nesta materia preténdese mostrar a Ecografía, non só como a ferramenta diagnóstica que todos coñecemos, senón como método de estudo dunha anatomía descritiva, topográfica e funcional do sistema músculo-esquelético. Un coñecemento preciso da anatomía é esencial para o correcto exercicio de todo profesional sanitario. Grazas ás técnicas de imaxe, temos a posibilidade de estudala in vivo e de forma dinámica, especialmente a través da resonancia magnética e a ecografía, e no caso desta última, que se encontra en constante evolución grazas á mellora tecnolóxica, permitíndonos realizar estudos en tempo real. A Ecografía abre un campo de actuación moi amplo, tanto no ámbito da docencia coma no da investigación, pois ofrece a posibilidade de validar cientificamente os nosos tratamentos, de observar de forma obxectiva a evolución das lesións e de realizar unha análise morfo-funcional do sistema músculo-esquelético.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Prácticas de laboratorio: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Proba obxectiva: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: realizarase a través das clases expositivas participativas en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams e/ou clases coa presentación audio previas. Se complementan con actividades dirixidas aos estudantes, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e integrar coñecementos. Prácticas de laboratorio: as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos de exploración ecográfica. Da mesma forma, realizaranse conexións en tempo real a través da ferramenta Microsoft Teams para explicar as imaxes e os procedementos de exploración, así como para facer un seguimento das tarefas das/dos estudantes. Proba obxectiva: é substituída por unha proba escrita realizada a través de Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tipo test, de resposta breve e/ou de completar. Proba práctica: substitúese por un traballo tutelado en pequenos grupos o longo do cuadrimestre, seguindo as pautas proporcionadas polo responsable da materia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado. Moodle: para proporcionar todo o material necesario para o desenrolo da docencia. Realización de probas ou resolución de dúbidas a través dos foros. Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante. 4. Modificacións na avaliación Avaliación continua 10% - Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciais: actitude, puntualidade, a participación razonada, o traballo en equipo, probas de comprensión, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así coma as destrezas e habilidades do/a alumno/a. - Participación en clases non presenciais a través de Teams. - Entrega de tarefas non presenciais Proba obxectiva/escrita 60% Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tipo test, de resposta breve e/ou de completar. Traballo tutelado 30% A avaliación dos contidos prácticos realizarase a través dun traballo en pequenos grupos o longo do cuadrimestre, seguindo as pautas proporcionadas polo responsable da materia. *Observacións de avaliación: PROBA OBXECTIVA (60%) - Cualificarase sobre un máximo de 6 puntos. Se no exame obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a cualificación do traballo tutelado, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso. TRABALLO TUTELADO (30%) - Cualificarase sobre un máximo de 3 puntos. Se no traballo tutelado obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba obxectiva, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso. AVALIACIÓN CONTINUADA (10%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase únicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade). Se a cualificación obtida da ponderación de cada parte resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos). Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou traballo tutelado) na 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo). Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 20 minutos antes do comezo do exame. Comprobarase a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizarase que todos e todas poidan realizar a proba. Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a súa cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso. A continuación activarase o exame en Moodle con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas. As/Os alumnas/os de primeira matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completaran as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través dunha única proba oral que inclúe contidos teóricos e prácticos (90% da cualificación). A proba oral realizarase a través da plataforma Microsoft Teams. O/A estudante que vaia a presentarse a dita proba deberá contactar co profesor a través do correo electrónico cun mínimo de 48 horas antes da data na que se programe, co obxectivo de planificar os horarios e facer as probas técnicas pertinentes de cara ao exame. A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes