Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS I
   Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I: Rehabilitación Respiratoria e cardiovascular

Estudo da historia clínica e posterior valoración fisioterápica do paciente respiratorio: análise dos signos e síntomas, patrón ventilatorio, espirometría, probas funcionais, test simples de tolerancia o esforzo, análise gasométrico e/o pulsioximétrico, análise dos ruídos pulmonares (auscultación, percusión), e establecemento do patrón ventilatorio dominante (obstructivo vs restritivo).
Elaboración da historia de Fisioterapia.
Aplicación dun protocolo de permeabilización bronquial baseado no uso das ondas de choque, variacións do fluxo aéreo, presión espiratoria positiva e aerosolterapia.
Aplicación dun protocolo de cinesiterapia respiratoria no enfermo cirúrxico restritivo.
Indicación dos diferentes sistemas de espirometría.

Fisioterapia no paciente amputado de orixe vascular, traumático, oncolóxico, e outros procesos cardiovasculares.
Preparación do muñón para a protetización.
Reeducación da marcha e actividades da vida diaria.

Valoración do linfedema. Tipos de linfedema.
Drenaxe linfático manual e presoterapia secuencial intermitente.
Vendaxe multicapa.
MÓDULO II: Fisioterapia do sistema nervioso central e periférico

Fisioterapia Neurolóxica:
Análise do movemento normal. Mecanismo de Control Postural.
Elaboración da historia e valoración neurolóxica.
Tratamento postural nun enfermo con afectación do SNC
Técnicas de fisioterapia en enfermos con afectación do SNC.
Síndrome do ombreiro doloroso en enfermos hemipléxicos.
Tipos de marcha. Reeducación da marcha.

Fisioterapia nas lesións do sistema nervioso periférico:
Nervios raquídeos ou espinais: patoloxías de maior prevalencia.
Síndromes radiculares compresivos .
Síndromes compartimentais do membro superior e inferior.
Neuropatías periféricas.
Polineuritis desmielizante: Guillain-Barré.
Neuropatías axonales: metabólicas, carenciales, vasculares.
Síndromes de compresión dos pares craniais.
MÓDULO III: Fisioterapia en Atención primaria e comunitaria
Papel do fisioterapeuta no ámbito da atención primaria e comunitaria.
Valoración funcional e psicosocial.
Definición dos obxectivos da saúde a nivel individual, grupal e comunitario, de cara á mellora da funcionalidade e da calidade.
Planificación e desenvolvemento de actividades grupales e individuais de tipo ambulatorio e comunitario con fins preventivos e/ou terapéuticos.
MÓDULO IV: Fisioterapia da actividade física e deportiva
Papel do fisioterapeuta no ámbito do deporte.
Fisioterapia en patoloxía deportiva do membro inferior e superior.
Fisioterapia en patoloxía deportiva de raquis e pelvis.
Prescripción do exercicio terapéutico adaptado a práctica deportiva.
MÓDULO V: Fisioterapia nas discapacidades asociadas o envellecemento e outras situacións de dependencia
Fisioterapia nos maiores.
Valoración integral do adulto maior e identificación dos problemas principais.
Abordaxe por sistemas. Pluripatoloxía.
Definición de obxectivos a curto prazo a nivel individual e grupal, con fins preventivos e/ou terapéuticos dirixidos a poboación maior.
Elaboración e execución do plan de intervención preventivo/terapéutico individual o grupal.
Abordaxe do adulto maior nun programa de revitalización.

Valoración da discapacidade e dependencia asociada a diferentes situacións clínicas.
Aplicación do baremo de valoración da dependencia (BVD) e a escala de valoración específica (EVE).
MÓDULO VI: Exercicio terapéutico e Fisioterapia nas alteracións do aparato locomotor
Fisioterapia en reumatoloxía, traumatoloxía e outras alteracións do aparello locomotor.

Identificación das principais probas de valoración da dor, da incapacidade funcional e da exploración física. Aplicación a un caso clínico.
Identificación dos principais obxectivos do exercicio terapéutico en enfermos con dor mecánica e/ou con alteracións da estática do sistema músculo-esquelético.
Aplicación grupal das diferentes modalidades de exercicio terapéutico.
MÓDULO VII: Fisioterapia Pediátrica
Fisioterapia nos procesos, tanto conxénitos como adquiridos, relacionados cos problemas neurolóxicos, respiratorios, reumatolóxicos, ortopédicos, xenéticos e/ou circulatorios.
Fisioterapia no cólico do lactante.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes