Teaching GuideTerm
University College of Physiotherapy
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Subjects
  CLINICAL TRAINING I
   Methodologies
Methodologies Description
Seminar Ao comezo da materia realizaranse uns seminarios presenciais en grupo-clase para introducir ao/á estudante no ámbito clínico; onde ademais exporanse por parte dos/das coordinadores/as da materia os contidos xerais, comúns a todas as unidades docente-asistenciais.
Clinical practice placement Correspóndese coa clase clínica: o/a profesor/a transmite os seus coñecementos e as destrezas clínicas ao/á estudante en experiencias reais, co obxectivo de garantir que os discentes adquiran a necesaria competencia clínica, que se inicia en terceiro curso e compleméntase no cuarto curso.

Dentro das prácticas clínicas, cada estudante terá que elaborar un portafolio relacionado coa súa aprendizaxe clínica, que engloba todo o material que o/a alumno/a acumula froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas.
Clinical test: Proba que se realiza á cabeceira do/da paciente/usuario/a, isto é nun escenario clínico real, co fin de avaliar as competencias adquiridas durante o desempeño clínico.

A avaliación realizarase atendendo aos seguintes criterios:
- Capacidade para valorar ao usuario/a, establecer o diagnóstico de Fisioterapia, perfilar os obxectivos e deseñar o plan de intervención.
- Capacidade de razoamento clínico, grao de interrelación teórico-práctica e de resolución de novos problemas.
- Destrezas e habilidades adquiridas durante o desempeño clínico.
- Actitude ante o caso/situación ou problema exposto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes