Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba clínica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A16 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C9 Proba que se realiza á cabeceira do doente, na que o alumno reproduce de forma práctica a actuación clínica necesaria para realizar un diagnóstico ou tratamento específico en relación ao proceso funcional que presente o doente.

Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, a resolución de novos problemas, as destrezas e actitudes.
50
Prácticas clínicas A19 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C6 C7 C8 C9 Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais.

Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes.

No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas.
50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para segurar a completa adquisición das competencias da materia. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade e/ou coordinación da materia. As ausencias non xustificadas non son recuperables.

CUALIFICACIÓN DÁ MATERIA:

A cualificación da materia será a media obtida da suma das cualificacións de cada unha das unidades docente-asistenciais. Para superar a materia, a NOTA obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación posible.

Se presenta máis de 2 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible, non se calculará a media, e a cualificación final será de suspenso.

A cualificación de cada unidade docente-asistencial virá determinada da seguinte maneira:

- 50% Avaliación continuada: a cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo).

- 50% Proba clínica. Se a cualificación obtida na proba clínica é inferior o 50% da puntuación posible, non se calculará a media coa avaliación continuada e a cualificación final da unidade docente-asistencial será de suspenso.

As porcentaxes asignadas a cada metodoloxía poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; non obstante, o valor da proba clínica nunca será inferior ao 50% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes