Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Ao comezo da materia realizarase un seminario informativo presencial en grupo-clase, para informar ao estudante dos aspectos organizativos da materia (distribución en grupos, módulos de especialización, horarios,...); onde ademais exporanse por parte dos coordinadores da materia os contidos xerais de cada módulo, e os comúns a todas as unidades docente-asistenciais.
Prácticas clínicas Correspóndese coa clase clínica: o profesor transmite os seus coñecementos e as destrezas clínicas ao estudante en experiencias reais, co obxectivo de garantir que os discentes adquiran a necesaria competencia clínica, iniciada en terceiro curso e completada neste cuarto curso.

Dentro das prácticas clínicas, cada estudante terá que elaborar un portafolio (ou caderno de prácticas) relacionado coa súa aprendizaxe clínica, que engloba todo o material que o alumno acumula froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas.
Proba clínica Proba que se realiza á cabeceira do paciente/usuario, isto é nun escenario clínico real, co fin de avaliar as competencias adquiridas durante o desempeño clínico.

A avaliación realizarase atendendo aos seguintes criterios:
- Capacidade para valorar ao usuario/a, establecer o diagnóstico de Fisioterapia, perfilar os obxectivos e deseñar o plan de intervención.
- Capacidade de razoamento clínico, grao de interrelación teórico-práctica e de resolución de novos problemas.
- Destrezas e habilidades adquiridas durante o desempeño clínico.
- Actitude ante o caso/situación ou problema exposto.

A avaliación clínica realizarase ante un tribunal constituído por profesorado do ámbito clínico da Facultade de Fisioterapia. Formarase un tribunal nalgúns dos módulos formativos programados, sendo a asignación do estudante a un ou outro tribunal de maneira aleatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes