Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  

FAQ: oriéntate

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

A nosa Universidade, os seus campus e como chegar a eles

A túa universidade: a páxina web da UDC

Como ir de.... a... : consulta os itinerarios e os horarios dos autobuses


FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Onde estamos?: a facultade e como chegar a ela

Sabías que unha Facultade é o centro encargado da organización das ensinanzas e dos procesos académicos, administrativos e de xestión conducentes á obtención de títulos de grao e que poden impartir tamén ensinanzas conducentes á obtención doutros títulos?

Sabías que as funcións da Facultade son: 

a) Elaborar a proposta dos plans de estudo das ensinanzas que se impartan nelas. 

b) Organizar e supervisar as actividades docentes e a xestión dos servizos da súa competencia. 

c) Custodiar as actas de cualificación e os expedientes dos estudantes que cursasen ou cursen estudos neles, sen prexuízo do mantemento, por parte da Universidade, de arquivos centralizados. 

d) Expedir as certificacións solicitadas polos estudantes do centro. 

e) Administrar a asignación orzamentaria do centro e controlar os seus propios servizos e equipamentos. 

f) Promover actividades culturais e de extensión universitaria. 

g) Participar nos procesos de avaliación da calidade. 

A decana, os/as vicedecanos/as e a secretaria da facultade constitúen o equipo de goberno do centro, asistidos pola comisión permanente, a xunta do centro e as comisións académica, de asuntos económicos e infraestruturas, cultural e de biblioteca.

A Facultade de Ciencias da Educación en UDCtv

Queres sabelo todo sobre o teu centro?: consulta o web institucional

E esta é a páxina web da Facultade: consulta o web da Facultade

Non te esquezas da biblioteca: esta é o seu web, 

E esta é a páxina web da Biblioteca Universitaria (campus de Elviña, edificio Xoana Capdevielle).


DEPARTAMENTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Sabes que son e que funcións teñen os departamentos universitarios? Os departamentos son as unidades de docencia e investigación encargadas de coordinar as ensinanzas dun ou varios ámbitos de coñecemento nun ou varios centros, de acordo coa programación docente da Universidade. Son funcións dos departamentos: 

a)Organizar e desenvolver, nos diferentes ciclos dos estudos universitarios, as ensinanzas propias da área ou áreas de coñecemento da súa competencia. 

b) Apoiar as actividades e iniciativas investigadoras do persoal adscrito á área ou áreas de coñecemento da súa competencia.

c) Organizar e desenvolver estudos de doutoramento. 

d) Contratar con entidades públicas ou privadas, ou con persoas físicas, a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como o desenvolvemento de cursos de especialización. 

e) Participar na elaboración de planos de estudo, no procedemento de selección do persoal docente e investigador e nos procesos de avaliación da calidade institucional. 

f) Calquera outra que lles asignen as disposicións legais vixentes e estes Estatutos.

Os/as directores/as dos departamentos xunto co/a secretario/a constitúen o equipo de goberno, asistido polo Consello de Departamento en que está representado o profesorado, o estudantado e o persoal de administración e servizos.

           Visita as súas páxinas web e as dos seus grupos de investigación:

           - Departamentos con sede na Facultade de Ciencias da Educación.

Queixas, felicitacións e suxestións?: usa o SUGUS

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes