Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Asignaturas
  Nuevas Tecnologías Aplicadas a la Educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Nuevas Tecnologías Aplicadas a la Educación Código 652111303
Titulación
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
1º y 2º Ciclo Anual
Tercero Troncal 3.5
Idioma
Castellano
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinador/a
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descripción general A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación forma parte do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Infantil. Impártese no último curso e é unha materia troncal de 4 créditos, 3 teóricos e 1 práctico, o que equivale no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos a aproximadamente 3.5 créditos que representan o redor de 87 horas de traballo do estudante. Os descritores desta materia son os seguintes: Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais. Os estudios conducentes ao título de Mestre especialista en Educación Infantil teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis educativos de 0 a 6 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita o desenrolo integral dos nenos e nenas das etapas da Educación Infantil e que responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social. Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados. A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación dotará os futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación. Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información grazas as TIC son agora as actividades centrais e as principais fonte de produtividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán encamiñarse a formar a futuros cidadáns con capacidade para analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social. Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudante na súa construción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais, etc. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente. A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Infantil como poden ser Didáctica Xeral, Socioloxía da Educación, Teorías e institucións contemporáneas de educación ou Organización escolar.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes