Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Asignaturas
  Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación
   Contidos
Temas Subtemas
Sociedade e TIC: o papel das TIC na sociedade da información Concepto e características das TIC. Mitos asociados as TIC. Sociedade da información. Papel das novas TIC na globalización económica, política e cultural. Neoliberalismo. Pensamento único. Corporacións no sector das TIC. TIC como producto de mercado. Desigualdades sociais e fenda dixital. Papel liberador ou opresor das TIC.
TIC e educación: a integración das TIC no curriculum e na escola. Enfoques do curriculum e integración das TIC. Modelos de comunicación e integración das TIC. Posturas do docente ante as TIC. Papel do docente na sociedade da información. Propostas oficiais de integración das TIC na escola. Proxectos nacionais e internacionais de traballo educativo coas TIC. Integración das TIC como recurso educativo, obxecto de estudio e axente educativo. TIC e educación democrática e inclusiva.
Recursos multimedia e educación Os códigos audiovisuais e multimedia. Propostas para a análise crítico, selección, avaliación e utilización curricular de recursos multimedia elaborados con fins educativos e non educativos para o traballo no campo da educación infantil. Análise crítico de software educativo e comercial para á educación infantil e valoración das súas posibilidades educativas. Creación dun recurso interactivo, multimedia e/ou na rede para o traballo de distintos contidos da educación infantil utilizando programas de software gratuito e ferramentas de autor elaboradas con fins educativos, utilizando recursos da rede e utilizando a pizarra dixital interactiva.
Internet e educación. Análise, selección, avaliación e utilización dos distintos recursos, aplicacións e servicios da rede de comunicación de Internet e investigación crítica das súas posibilidades para a mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe na educación infantil e a investigación e mellora da propia práctica docente. Acercamento á web 2.0, análise das súas posibilidades educativas e creación de recursos na rede. Aproximación á teleformación, aos entornos virtuais de aprendizaxe e as redes sociais como recursos para a investigación e mellora da propia práctica docente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes