Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación ética e Cívico Social
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A2 Coñecemento dos contidos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica.
A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
A8 Empregar a avaliación como elemento regulador e promotor da mellora dos procesos de ensino aprendizaxe e da súa propia formación.
A9 Realizar actividades educativas de apoio no marco dunha educación inclusiva.
A12 Ser quen de relacionarse, comunicarse e colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno.
A13 Ser quen de dinamizar co alumnado a construcción participada de regras de convivencia democrática, enfrontar e resolver de forma colaborativa situacións problemáticas e conflitos interpersoais de natureza diversa.
A16 Ser capaz de potenciar o rendemento académico do alumnado e o seu progreso escolar no marco dunha educación integral.
A17 Coñecer os fundamentos científicos das áreas que conforman o currículo da educación infantil, así como as teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B20 Coñecemento doutras culturas e doutros costumes.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes