Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Asignaturas
  Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural II
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A3 Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa.
A4 Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A5 Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
A6 Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo.
A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
A18 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A28 Planificar as actividades educativas en función da progresiva cohesión-integración do grupo, clase, contorno (adaptación, consolidación, cohesión...).
A38 Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil.
A40 Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos.
A46 Fomentar á iniciación no emprego das TIC.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B13 Capacidade para actuar de xeito sostible na defensa do medio ambiente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes