Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Asignaturas
  Desenvolvem. do Pensam. Matemático e a sua Didác.II
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...).
A2 Coñecemento dos contidos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica.
A3 Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa.
A4 Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A7 Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC.
A17 Coñecer os fundamentos científicos das áreas que conforman o currículo da educación infantil, así como as teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A18 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A19 Adquirir coñecementos didácticos relacionados coas distintas áreas co fin de crear un marco teórico que permita reflexionar sobre a práctica docente para mellorala.
A43 Utilizar a observación sistemática como principal instrumento de avaliación global, formativa e continua das capacidades do alumnado.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes