Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica das Ciencias Sociais
   Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1. Introdución ás Ciencias Sociais. Concepto. Disciplinas. A investigación nas CCSS: epistemoloxía. A Xeografía, a Historia e a Antropoloxía. A dimensión didáctica das CCSS.
Unidade 2. Deseño curricular nas Ciencias Sociais. Características xerais dos obxectivos, da metodoloxía didáctica e dos contidos. Metodoloxía: o método histórico no proceso de ensino/aprendizaxe.
Unidade 3. Os contidos. Conceptos, tipos. Contidos teórico-conceptuais. Contidos procedementais. Contidos actitudinais. Organización e criterios de selección dos contidos.
Unidade 4. Eixos fundamentais nas Ciencias Sociais. As coordenadas básicas: Espazo e Tempo.
Unidade 5. A programación. As Unidades Didácticas. Concepto, secuencia da aprendizaxe, obxectivos, contidos. Casos e exemplos.
Unidade 6. A avaliación. Definición e finalidade. Características. Tipos e aplicación na secuencia ensino-aprendizaxe.
Unidade 7. Aplicación ao ensino de temas, modelos procedementais e recursos das Ciencias Sociais. Análise e desenvolvemento de estratexias de ensino. Elaboración de materiais didácticos. Análise de materiais didácticos preexistentes: fichas, unidades didácticas, xogos, maletas, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes