Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mstre: Especialidade en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e Literatura Galega e a sua Didáctica II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Achegamento crítico a distintos textos que se proporán nas aulas. Trátase dunha parte esencial da cadeira, posto que o alumno ou a alumna debe demostrar solvencia analítica á hora do manexo e achegamento a calquera documento relacionado coa materia. De aí que, seguindo este ditado, nos comezos do curso académico, o profesor ofreza unhas indicacións previas e unha nómina bibliográfica para o manexo de fontes documentais que han ser consideradas antes da realización do achegamento.
Esquemas Realización de esquemas ideográficos e resumos de diferentes textos propostos na aula. O resumo e a elaboración de esquemas serán de máxima utilidade para o achegamento e o desenvolvemento didáctico dos contidos apuntados na aula, de aí que se faga fincapé na redacción de esquemas ideográficos e ideogramáticos dentro do seguimento e aproveitamento bibliográfico.
Lecturas Os alunos e alunas deberán se achegaren a un corpo bibliográfico previamente apontado nas aulas. Este será obxecto de diverso tratamento crítico e discusión no espazo aular. Debido, así mesmo, ao carácter da cadeira, as lecturas e os postreriores comentarios e/ou debates aulares serán de importancia vital para a cualificación global final. Un alumno ou alumna universitario e universitaria debe ler e manexar correctamente un feixe determinado de lecturas quen de o e a capacitar para un futuro ora profesional ora investigador.
Presentación oral Dado o futuro profisional do alunado, cómpre realizar apresentacións orais e relatorios sobre calquera texto e/ou aspecto anteriormente propostos. Debido á realidade profesional que lles agarda aos alunado, serán de vital importancia tanto as intervencións aulares como as apresentacións orais, apresentacións que se anunciarán e negociarán previamente e que terán a ver cos textos e o material bibliográfico.
Proba obxectiva O alumnado contará con tres exames ao longo do curso académico: dous parciais en febreiro e maio e un final en data marcada por Xunta de Faculdade. Tendo en conta o devir do resto de cadeiras que compoñen o currículo do Grao así como, noutro orde de aspectos, a posíbel inasistencia ás aulas, a proba obxectiva resumirase, de xeito tradicional, a dous exames parciais, independentes, que se haberán de superar nas convocatorias de xuño e maio. Quen non superar un deles ou os dous, poderá concorrer, en xuño, á convocatoria final, mais quen non conseguise superar unha das partes correspondentes aos dous cuadrimestres, na convocatoria extraordinaria de setembro deberá superar toda a materia, non podendo asistir a tal convocatoria unicamente cunha das partes.
Traballos tutelados Realización dun ou varios traballos relacionados tanto coa recepción e crítica textual como a recepción e comentario lingüístico-literario, así como, por outra parte, elaboración de unidades didácticas referidas a calquera aspecto dos tratados no programa docente. Amais das tradicionais probas de avaliación, o traballo titorizado constituirá un dos aguillóns máis decisivos para a cualificación do aproveitamento dos contidos da cadeira. Neste sentido, porén, o traballo ou os traballos titorizados apuntados durante o curso académico serán de gran relevancia á hora de superar exitosamente a cadeira, posto que dan índice da madureza científica de calquera alumno ou alumna. Se se negociar co grupo, pódese optar por unha avaliación de traballos titorizados segundo a opción do portafolio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes