Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Física
 Asignaturas
  Educación ética e Cívico Social
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os contidos comúns e específicos sobre as distintas disciplinas que impartirá no exercicio do seu labor profesional.
A2 Coñecer os fundamentos psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión.
A7 Adquisición de destrezas para adoptar metodoloxías activas, participativas e creativas, e desenvolver o currículo a partir de situacións significativas para o alumnado, ao asumir un papel de orientador, facilitador e guía da aprendizaxe, e procurar a motivación e o interese do alumnado pola aprendizaxe.
A8 Desempeñar as funcións de titoría e de orientación co alumnado e a súa familia.
A9 Planificar as materias no contexto social en que se van impartir, tomando as decisións axeitadas relativas á selección de obxectivos, organización de contidos, deseño de actividades ou criterios de avaliación.
A12 Capacidade para observar e avaliar de forma continua, formativa e global o desenvolvemento e a aprendizaxe do alumnado de 6-12 anos, introducindo as medidas educativas necesarias para atender as súas peculiaridades persoais.
A13 Capacidade para ser sensible á nova realidade social, plural, diversa e multicultural, desenvolvendo estratexias para a inclusión educativa e social.
A16 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución de hábitos saudables e na contribución á sustentabilidade.
A17 Recoñecer a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade crítica e autocrítica.
B20 Compromiso ético.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes