Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Física
 Asignaturas
  Educ. Física nos Nenos con Necesidades Especiais
   Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Coñecer os fundamentos psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión.
A14 Planificar, desenvolver e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe axustados á diversidade cultural e lingüística do alumnado.
A16 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución de hábitos saudables e na contribución á sustentabilidade.
A18 Recoñecer, desde unha perspectiva crítica, que o exercicio da función docente ha ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida, o que implica a necesidade de formación continua.
A19 Coñecer o desenvolvemento psicomotor de 0-12 anos, as estratexias e as posibilidades de intervención educativa sobre el, e a súa relación coa saúde.
A20 Coñecer e dominar os fundamentos da expresión corporal e da comunicación non verbal.
A23 Programar e executar actividades de ocio, tempo libre e recreación na escola e, no seu caso, orientar e supervisar as actividades relacionadas coa actividade física que se impartan no centro en horario escolar e extraescolar.
A24 Coñecer os fundamentos biolóxicos e fisiolóxicos do corpo humano, así como os procesos de adaptación ao exercicio físico, e a súa adaptación ao exercicio físico, e a súa relación coa saúde, a hixiene, a alimentación e a calidade de vida.
A25 Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física coa saúde, a hixiene e a alimentación, e deseñar estratexias de intervención educativa.
A26 Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física co ocio e a recreación para establecer as bases de utilización do tempo libre: teatro, danza, deportes, saídas, etc.
A27 Ser capaz de dar resposta educativa á diversidade no ensino de Educación Física.
B1 Aprender a aprender.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B27 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes