Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Física
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Coñecer os contidos comúns e específicos sobre as distintas disciplinas que impartirá no exercicio do seu labor profesional.
  A2 Coñecer os fundamentos psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión.
  A3 Coñecer as características das organizacións educativas que atenden aos nenos e ás nenas de 6-12 anos.
  A4 Coñecer a organización dos centros educativos de educación primaria e a diversidade de accións que abrangue o seu funcionamento.
  A5 Comunicación correcta, coherente e axeitada, oral e escrita, para aplicala á aula e fóra dela.
  A6 Coñecemento de novas tecnoloxía e a súa aplicación ao ámbito educativo.
  A7 Adquisición de destrezas para adoptar metodoloxías activas, participativas e creativas, e desenvolver o currículo a partir de situacións significativas para o alumnado, ao asumir un papel de orientador, facilitador e guía da aprendizaxe, e procurar a motivación e o interese do alumnado pola aprendizaxe.
  A8 Desempeñar as funcións de titoría e de orientación co alumnado e a súa familia.
  A9 Planificar as materias no contexto social en que se van impartir, tomando as decisións axeitadas relativas á selección de obxectivos, organización de contidos, deseño de actividades ou criterios de avaliación.
  A10 Capacidade para investigar sobre a propia práctica, e introducir propostas de innovación encamiñadas á mellora.
  A11 Capacidade para empregar recursos diversificados que contribúan a mellorar a experimentación e a aprendizaxe do alumnado no ámbito da Educación Física.
  A12 Capacidade para observar e avaliar de forma continua, formativa e global o desenvolvemento e a aprendizaxe do alumnado de 6-12 anos, introducindo as medidas educativas necesarias para atender as súas peculiaridades persoais.
  A13 Capacidade para ser sensible á nova realidade social, plural, diversa e multicultural, desenvolvendo estratexias para a inclusión educativa e social.
  A14 Planificar, desenvolver e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe axustados á diversidade cultural e lingüística do alumnado.
  A15 Capacidade para colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno.
  A16 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución de hábitos saudables e na contribución á sustentabilidade.
  A17 Recoñecer a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
  A18 Recoñecer, desde unha perspectiva crítica, que o exercicio da función docente ha ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida, o que implica a necesidade de formación continua.
  A19 Coñecer o desenvolvemento psicomotor de 0-12 anos, as estratexias e as posibilidades de intervención educativa sobre el, e a súa relación coa saúde.
  A20 Coñecer e dominar os fundamentos da expresión corporal e da comunicación non verbal.
  A21 Dominar a teoría e a didáctica específica da Educación Física, os fundamentos e as técnicas de programación da área e do deseño das sesións, as estratexias de intervención e de avaliación dos resultados, así como as relacións con outras áreas de coñecemento.
  A22 Coñecer a imaxe do corpo, o significado das actividades físicas e do deporte na súa evolución histórico-cultural, e a súa influencia nos distintos ámbitos sociais e culturais na sociedade contemporánea.
  A23 Programar e executar actividades de ocio, tempo libre e recreación na escola e, no seu caso, orientar e supervisar as actividades relacionadas coa actividade física que se impartan no centro en horario escolar e extraescolar.
  A24 Coñecer os fundamentos biolóxicos e fisiolóxicos do corpo humano, así como os procesos de adaptación ao exercicio físico, e a súa adaptación ao exercicio físico, e a súa relación coa saúde, a hixiene, a alimentación e a calidade de vida.
  A25 Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física coa saúde, a hixiene e a alimentación, e deseñar estratexias de intervención educativa.
  A26 Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física co ocio e a recreación para establecer as bases de utilización do tempo libre: teatro, danza, deportes, saídas, etc.
  A27 Ser capaz de dar resposta educativa á diversidade no ensino de Educación Física.
  A28 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico e como contido de ensino-aprendizaxe.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
  B8 Adaptación ás novas situacións.
  B9 Autonomía na aprendizaxe.
  B10 Capacidade crítica e autocrítica.
  B11 Capacidade de análise e de síntese.
  B12 Capacidade de procura e de manexo de información.
  B13 Capacidade de organización e de planificación.
  B14 Capacidade para actuar de xeito sustentable na defensa do medio ambiente.
  B15 Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe.
  B16 Capacidade para entender a calidade como un proceso de mellora continua, empregando indicadores para avaliar o seu progreso e resultados.
  B17 Capacidade para se integrar e se comunicar con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
  B18 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
  B19 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
  B20 Compromiso ético.
  B21 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
  B22 Coñecemento de outras culturas e costumes.
  B23 Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras.
  B24 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
  B25 Iniciativa e espírito emprendedor.
  B26 Liderado.
  B27 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
  B28 Recoñecer a necesidade de implicarse nunha aprendizaxe ao longo da vida.
  B29 Resolución de problemas e toma de decisións.
  B30 Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes