Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Audición e Linguaxe
 Subjects
  Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Code 652411302
Study programme
Mestre: Especialidade en Audición e Linguaxe
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
First and Second Cycle Yearly
Third 3.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
General description A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación forma parte do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Audición e Linguaxe. Impártese no último curso e é unha materia troncal de 4.5 créditos, 3 teóricos e 1.5 prácticos, o que equivale no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos a aproximadamente 3.5 créditos que representan o redor de 87 horas de traballo do estudante. Os descritores desta materia son os seguintes: Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais. Os estudios conducentes ao título de Mestre especialista en Audición e Linguaxe teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis correspondentes do sistema educativo integrando os aspectos básicos con aquelas competencias que de forma específica permitirán aos futuros mestres desenvolver unha actividade docente encamiñada ao desenrolo das capacidades relacionadas co desenvolvemento da linguaxe e da comunicación. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita tanto o desenrolo integral dos nenos e nenas destas idades como o desenrolo mais específico das súas capacidades lingüístico-comunicativas mediante a educación a través e que, ademais, responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social. Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados. A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación dotará aos futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación. As novas tecnoloxías ofrecen o futuro mestre de Audición e Linguaxe innumerables posibilidades para a busca de información e recursos para as súas clases, para a organización e creación dos seus propios recursos, para a comunicación con outros docentes e persoas interesadas no seu mesmo campo de traballo, para a súa constante formación e para a investigación da súa propia práctica. Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información grazas as TIC son agora as actividades centrais e as principais fontes de produtividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán buscar formar a futuros cidadáns con capacidade para a analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social. Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudante na súa construción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais, etc. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente. A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación asignada a área de Didáctica e Organización Escolar relaciónase con outras materias do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Audición e Linguaxe como poden ser Didáctica Xeral, Socioloxía da Educación, Teorías e institucións contemporáneas de educación, Organización do centro escolar así como aquelas que se centran de maneira específica no diagnóstico e intervención educativa sobre dos trastornos da audición e da linguaxe.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes