Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Audición e Linguaxe
 Asignaturas
  Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación
   Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Ser capaz de acometer, directa ou en colaboración co resto do profesorado, a planificación, o desenvolvemento e a avaliación dunha resposta educativa de calidade para o alumnado con dificultades comunicativo-lingüísticas.
A7 Coñecer, facilitar e intervir cos distintos sistemas alternativos e aumentativos da comunicación que contribúan a melloraras condicións de aprendizaxe e a calidade da comunicación.
A17 Participar eficazmente en procesos de mellora escolar dirixidos a introducir innovacións que promovan unha mellor resposta educativa á diversidade do alumnado.
A18 Procurar información acerca de recursos existentes na comunidade que poidan actuar como apoios indirectos á tarefa educativa.
A23 Capacidade para analizar criticamente as concepcións da educación procedentes da investigación, así como as propostas curriculares da Administración Educativa.
A24 Capacidade para deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural.
A25 Capacidade para desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado.
A26 Capacidade para organizar o ensino, no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, utilizando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares adecuados ao nivel educativo correspondente.
A27 Capacidade para preparar, seleccionar, construír e utilizar materiais didácticos específicos, incorporando adecuadamente as tecnoloxías da información e da comunicación.
A31 Participar en proxectos de innovación relacionados co ensino e a aprendizaxe que permitan introducir propostas encamiñadas á mellora da calidade educativa.
A32 Capacidade de relación, comunicación, colaboración e cooperación cos distintos sectores da comunidade educativa.
A37 Capacidade para asumir a necesidade de desenvolvemento profesional continuo, mediante a reflexión sobre a propia práctica.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B11 Capacidade da procura e do manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para entender a calidade como un proceso de mellora continua, empregando indicadores para avaliar o seu progreso e os seus resultados.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes