Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestre: Especialidade en Audición e Linguaxe
 Asignaturas
  Educación Ética e Cívico Social
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os fundamentos psicolóxicos, lingüísticos e sociais das diferentes capacidades comunicativo-lingüísticas.
A2 Ser capaz de analizar os distintos contextos de escolarización para poder ofrecer diferentes respostas en función das distintas condicións persoais.
A7 Coñecer, facilitar e intervir cos distintos sistemas alternativos e aumentativos da comunicación que contribúan a melloraras condicións de aprendizaxe e a calidade da comunicación.
A8 Establecer os obxectivos e as etapas dos tratamentos educativos que aplica aos problemas relacionados coa comunicación e a linguaxe.
A9 Aplicar os tratamentos educativos aos problemas da comunicación e da linguaxe cos métodos, as técnicas e os recursos mais eficaces e adecuados.
A12 Promover, cooperar e colaborar eficaz e activamente cos equipos de apoio do centro e da comunidade, especialmente cos departamentos ou cos equipos de orientación.
A13 Deseñar, no marco da programación didáctica establecida para o conxunto dos nenos e das nenas do centro, planos de traballo individualizados.
A16 Mostrar unha actitude de valoración e de respecto á diversidade do alumnado, calquera que foren as condicións deste, e promover esa mesma actitude entre aqueles con quen se traballar máis directamente.
A17 Participar eficazmente en procesos de mellora escolar dirixidos a introducir innovacións que promovan unha mellor resposta educativa á diversidade do alumnado.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e de síntese.
B20 Coñecemento de outras culturas e doutros costumes.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes